LIMPEZA NO FOGAR, TODO É COMEZAR
Ola, ola familias! 🙋👋
📣Antes de comezar con esta entrada cómpre que saibades que 5 millóns de nenos e nenas morren ao ano por falta de
hixiene ambiental. Dá medo, non? 😖
A desinfección 💦 de superficies e materiais supón unha actuación básica para evitar a proliferación de xermes 🐛, que son os causantes da propagación de múltiples enfermidades. Tamén é importante garantir unha correcta iluminación, unha temperatura adecuada no espazo e unha ventilación periódica.
Os lugares onde os nenos e nenas realizan a maioría das actividades 🏃 deben reunir as condicións mínimas de hixiene ambiental en
canto a espazo, ubicación, infraestrutura, ventilación, limpeza e calidade do ambiente, de maneira que favorezan a seguridade e preveñan enfermidades.
Así que, limpade ben as vosas casas, evitando con isto problemas para os vosos pequenos e pequenas.


Comentarios
Publicar un comentario